Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ruada, ofrenda e teatro na recta final do ciclo adicado a Valle-Inclán

Héitor Picallo presenta o venres no Elma a súa publicación ‘As Letras Galegas en caricatura’

A Pobra. No marco da programación da vixésimo segunda edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán que se están a celebrar estes días na Pobra, a localidade acollerá o vindeiro venres a partir do mediodía unha ruada de música tradicional.

Estará protagonizada pola agrupación Caraveiros e terá lugar xunto ó mercado municipal, nas prazas García Martí, Cantón da Leña e Fonte dos Catro Canos, e na alameda.

A continuación, a partir da unha da tarde, terá lugar a ofrenda floral institucional presidida polo alcalde, Lois Piñeiro, ante o monumento de Valle-Inclán sito na Praza do Cantón da Leña. E xa pola tarde, ás 20.00 horas, no Teatro Elma, Héitor Picallo presentará a súa obra As Letras Galegas en caricatura (1963-2020). As xornadas rematarán o sábado 31 ca posta en escena da peza Delicias literarias, a cargo da compañía Eiradela, ás oito da tarde nos exteriores da Torre de Bermúdez (sede do museo).

As persoas interesadas en asistir deberán reservar entrada no 981 843 280.

O pasado venres, Tatana Teatro puxo en escena a adaptación en galego Farsa e licenza da Raíña Castiza. 20_20 no Teatro Elma, onde este domingo Teatro del Norte interpretou a obra Retablo. De Valle-Inclán a Lorca. s. s.

27 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.