Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 22 junio 2021
02:00
h

Rúas Musicais animará o verán ribeirense cos concertos de 15 grupos

RIBEIRA. A edil de Cultura de Ribeira, María Sampedro, presentou o ciclo Rúas Musicais, que incluirá 15 concertos de grupos locais nas 9 parroquias. Estivo acompañada de técnicos de Musieventos e membros dalgúns dos grupos. O ciclo comeza o sábado 19 con Thais Suki en Artes. Logo será o turno de Blow (o 27 na Praza de Teruel). En xullo actuarán Human (o 4, no Malecón), Concierto Descaro (o 11 no Malecón), Aliaxe (o 18 en Aguiño) e Milindros (o 25 en Carreira); en agosto, Os Bugis (o 1 en Palmeira), Recambios Tucho (o 7 no parque García Bayón), SabeDlasnotas (o 8 no Malecón), La Banda de Luke el Bala Perdida (o 14 na Ameixida), Leite con Jalletas (o 15 en Corrubedo), Os Jabris (o 22 en Castiñeiras) e Karma (o 29 en Olveira); e en setembro, Espazo en Branco (o 5 en Oleiros) e Rockolas (o 12 na Praza de Compostela). S. Souto

11 jun 2021 / 17:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.