Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ruiz redistribúe as competencias tras a incorporación de Javier Sampedro

Ana Barreiro asume Servizos Sociais e a primeira tenente de alcalde Planificación

Ribeira. O goberno local de Ribeira procedeu a aprobar unha redistribución parcial de competencias logo da incorporación como concelleiro no último pleno de Javier Sampedro e mantendo un carácter continuista nas diversas áreas municipais en que está distribuido o executivo.

Así, este edil oriundo de Castiñeiras asume as delegacións de Xuventude e Deportes, que antes estaban sendo desempeñadas por Juana Brión. Esta última conserva a área de Educación e incorpora as de Administración, Innovación Tecnolóxica e Transparencia, Atención e Participación Cidadá.

Ana Barreiro Rego, que era a delegada destas últimas competencias, pasa a encargarse das que desempeñaba a concelleira dimisionaria Ana Ruiz no ánimo de proseguir o seu gran traballo: Servizos Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade.

Cabe sinalar ademais que outro cambio recente levou a que a área de Infraestruturas e Urbanismo pasara a denominarse Concellería Delegada de Urbanismo, Planificación e Desenvolvemento Orzamentario, sendo a súa titular María José Sampedro; mentres que Emilio Pérez asume agora a segunda tenencia de alcaldía. m. t.

10 jul 2021 / 19:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.