Sacan á venda as primeiras entradas para o Rompetiño
Porto do Son. Como xa é habitual, a organización do Rompetiño saca as primeiras entradas para a seguinte edición do festival -que terá lugar os días 1, 2 e 3 de xullo en Porto do Son- con promocións para os máis fieis dun dos maiores eventos de cultura urbana de Galicia. Poden adquirirse abonos para a Music Zone (con e sen camping), abonos con camping cun desconto para os usuarios do Carné Xove da Xunta e o Rompe pack (con e sen acampada).
Dende a organización invitan a converter o Nadal na primeira experiencia Rompetiño co Rompe pack, de unidades limitadas. Inclúe abono de dous días, entrada de recordo, taza metálica do festival, 2 pares de calcetíns RP, pegatinas e a revista oficial. Están á venda en woutick.es.
Ademais os impulsores comunican a recuperación do formato habitual coa celebración das competicións deportivas e a zona de tendas e restauración de día, con importantes novidades que anunciarán no 2022. Espazos que, como é habitual, serán gratuítos para o público en xeral.
Tamén o anuncio dos artistas que farán gozar aos asistentes da Music Zone comenzará, como cada ano, no día de Reis. Coma sempre, o cartel incluirá ás grandes promesas da música urbana. m. t.