Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sae ó mercado o primeiro EP da formación Os Bar Ban Sónicos, da Pobra

É o adianto do álbum, con catro cancións producidas polo grupo e gravadas en Portugal

A Pobra. A banda de garaxe punk da Pobra do Caramiñal Os Bar Ban Sónicos acaba de lanzar o seu primeiro EP co título de Alimentando o nervio. Trátase do primeiro adianto do álbum completo que a formación agarda publicar a principios do ano que vén.

Son catro cancións gravadas no Hertzcontrol Studio de Seixas, en Caminha (Portugal) e producidas polos tres integrantes do grupo.

Dúas son cancións propias: Que mellor amigo que ese (que xa deron a coñecer coa publicación dun vídeo a mediados de setembro) e Queres saber. Outras dúas son versións de clásicos do garaxe sesenteiro: Negro gato (unha das cancións icónicas da jovem guarda brasileira e popularizada por Roberto Carlos nos seus inicios rockeiros) e a outra é unha versión en galego do primeiro single dos Sonics, titulado The Wicht.

Os Bar Ban Sónicos fundouse en 2018 e está formado por Manel Casal (voz e guitarra), Amroth (baixo e coros) e Abel Cores (batería). s. s.

13 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.