Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Santé dixo en Noia que os GDR impulsaron xa en Galicia 790 empregos

NOIA. A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, presidiu este venres en Noia a inauguración da xornada sobre a xestión da sustentabilidade en eventos culturais con espectáculos en vivo en espazos rurais, que forma parte dun proxecto de colaboración coordinado polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Deloa. Santé puxo en valor o traballo dos 24 GDR galegos a prol do desenvolvemento do rural, e salientou a súa contribución en materias como a aplicación e cumprimento dos obxectivos da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Esta asociación de GDR pode aconsellar e orientar ás persoas mozas que se incorporan á actividade agraria en materia de información, formación, análises técnicas e asesoramento xurídico. A directora xeral subliñou o papel dos GDR na xestión do Leader e neste sentido valorou a súa achega para consolidar case 2.300 empregos e para crear outros 790 postos de traballo en Galicia no período 2014-2020, ao abeiro deste programa. Na inauguración da xornada, celebrada nas instalacións do Casino de Noia, participaron tamén o alcalde da localidade, Santiago Freire, e a secretaria do padroado da Fundación Paideia Galiza, María Cotón Fernández. S. s.

19 nov 2021 / 19:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.