Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sarabela leva a Outes a obra ‘Morgana en Esmelle’ o 21

Outes. A concellería de Cultura de Outes programou para esta semana dúas obras no marco do Outono Teatral. A primeira en subir a escena será a compañía Sarabela con Morgana en Esmelle, que adianta a función para este venres (20.30 h). Trátase dunha adaptación da exitosa novela de Begoña Caamaño cun elenco, baixo a dirección de Ánxeles Cuña, integrado por Quico Cadaval, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Laura Míguez, Sabela Gago y Elena Seijo. Morgana en Esmelle é unha obra que reescribe o mito artúrico cunha ollada diferente e contemporánea.

O 23 de outubro, ás 19.00 horas, tomaralle o relevo Aporía e Olivas Negras, que recalarán en Outes con A Familia Real, unha obra que fala da complexidade da crianza e da súa incompatibilidade coa dureza e falta de estabilidade das artes escénicas.

Ambas representacións terán lugar na casa da cultura outense. Dende a concellería de Cultura rogan puntualidades xa que, “unha vez comezada a función, non se permitirá o acceso á sala”, apuntan.

O ciclo que persegue achegar as artes escénicas aos veciños de Outes comezou o pasado día 1 e prolongarase ata o 14 de xaneiro. Inclúe un total de 15 funcións para o público familiar e adulto. m. c.

20 oct 2022 / 20:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.