Segue o camiño para que o marisqueo de Noia sexa Patrimonio Inmaterial
NOIA. O proxecto de candidatura para que o marisqueo da ría de Muros-Noia sexa recoñecido pola Unesco como Patrimonio Cultural Inmaterial continúa avanzando. Dende o Concello de Noia informaron de que logo da videoconferencia entre as recolectoras de orilla, denominación que reciben en Chile as mulleres que se adican a recolección de marisco, e representantes das mariscadoras da ría noiesa, esta mesma semana celebrouse unha segunda toma de contacto. Nesta ocasión, participaron dende a Consellería do Mar noutra videoconferencia con representantes chilenos da candidatura a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez; o alcalde noiés, Santiago Freire; a edila Laura Salgado; a xerente do Galp Costa Sostible, Manuela Oviedo; o técnico encargado da tramitación da candidatura, e a presidenta da asociación de mulleres do sector pesqueiro da citada ría, Adela Lestón. O que se pretende achegar ao mundo con esta iniciativa é o testemuño dun modelo de integración de civilización e natureza no ámbito litoral que creou unha cultura propia, xenuína, duradeira e cambiante ó longo da historia e que actualmente é modelo ambiental e socialmente sostible de xestión dos recursos mariños. m. C.