Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Seiscentos mozos de Córdoba farán o Camiño de Muros-Noia en agosto

Noia. Un grupo de representantes da delegación de Infancia e Xuventude da Diocese de Córdoba están a realizar estes días o recoñecemento do Camino da ría de Muros-Noia, xa que, co galo da celebración da Xornada Europea da Xuventude (que está prevista para o vindeiro mes de agosto en Santiago de Compostela) farán a peregrinación por esta ruta xacobea.

Con este motivo, están a revisar as instalacións, o trazado e a sinalética acompañados de Antonio Rodríguez, o técnico da ría de Muros-Noia responsable da coordinación da Xornada Europea da Xuventude neste Camiño.

Con esta visita arranca o segundo Ano Santo Xacobeo na ría de Muros-Noia con moi boas expectativas, xa que só nesta peregrinación a Compostela agárdase a un total de seiscentos mozos e mozas de Córdoba, aos que se teñen sumado xa catro grupos de outras provincias de España, e de seguro que esta cifra seguirá aumentando.

Trátase dunha ruta que destaca pola enorme beleza da súa paisaxe, bordeando continuamente a costa e rodeada de espazos verdes que son un deleite para os sentidos. A Peregrinación Europea de Xóvenes (PEJ22) ten como lema Joven, levántate y sé testigo. El Apóstol Santiago te espera, e convócase con motivo do Ano Santo Compostelano 2022.

Esta cita reunirá na capital de Galicia a varios milleiros de xóvenes despois de realizar nos días previos a peregrinación á tumba do Apóstolo en Compostela. suso souto

04 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.