Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Será gratuíto pola tarde dende hoxe o parquin da Praza de Galicia de Boiro

BOIRO. Debido á situación de restricións decretadas para o control da situación epidemiolóxica, o Concello de Boiro modificou o horario de apertura do aparcamento municipal da Praza de Galicia. As instalacións estarán abertas, de xeito ininterrompido, de 07.00 a 21.00 horas, pero de 15.00 a 21.00 será gratuíto a partir de hoxe luns. O aparcamento funcionará con normalidade pola mañá e estará aberto dende as 07.00 horas para dar servizo ás persoas traballadoras do mercado municipal e que fan uso das instalacións. A partir das 15.00 as barreiras estarán abertas e o servizo será de balde ata as 21.00, para atender ás persoas que mercan en supermercados e outros establecementos abertos da contorna. O aparcamento da Boqueira de A Negral manterá o mesmo horario, aberto de xeito ininterrompido e gratuíto de 10.00 a 20.30 horas. s. s.

01 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.