Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Serán peonís dúas rúas ribeirenses e semipeonís outros tres viais urbanos

RIBEIRA. A Mesa da Peonalización de Ribeira mantivo este xoves unha reunión na que se aprobou que cinco rúas e treitos de rúa situadas nas localidades de Santa Uxía e Aguiño pasen a ser peonís ou semipeonís.

Así, no primeiro caso atópanse a rúa Mendiño, situada xunto á Praza de España, en Santa Uxía, e o final da rúa Francisco Lorenzo Mariño, en Aguiño, no treito comprendido entre as rúas das Américas e Xunqueira (a parte que descorre por detrás da Casa do Mar).

En canto ás vías que adquirirán un carácter semipeonil, é dicir, priorizando o tránsito dos viandantes pero permitindo igualmente a circulación de vehículos a unha velocidade reducida, atópanse, en Santa Uxía, a rúa Romero Ortiz e a parte superior de Rosalía de Castro ata a rotonda da serea (cómpre recordar que en ambas están en licitación as obras para a construción de sendas plataformas únicas). Tamén se lle aplicará este carácter á rúa Castelao en Aguiño. Así mesmo, acordouse o cambio de ubicación e posta en funcionamento dos lectores de matrículas que regulen o acceso á zona peonil, con catro puntos: rúa Galicia á altura do mercado, Praza de Compostela, e rúa Rosalía de Castro á altura do Malecón e do Concello. s. s.

08 abr 2021 / 18:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.