Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Solicitan civismo tras uns destrozos na vila noiesa

NOIA. Dende o Concello de Noia fixeron un chamamento ao civismo tras varias semanas “sufrindo diferentes destrozos en diversos puntos da nosa vila, ademais de vertidos de escombros e enseres. Episodios coma estes non son divertidos, prexudican a imaxe da nosa vila, e, o que aínda é máis grave, supoñen o destrozo dun ben que é de toda a veciñanza”, afirmaban a través dun comunicado emitido na páxina de Facebook do concello. Asemade, aclaraban que “afortunadamente a maioría da xente, actúa de xeito responsable”, ao tempo que animaban a que, se alguén viu os feitos, o denuncie, “pois os cartos que custa repoñer todo isto non son nin do Concello nin de ningún político, senón de todos os noieses e noiesas”. Os actos incívicos, como os vertidos, supoñen un gasto para as arcas municipais dos concellos da comarca de Muros-Noia, ademais dun problema medio ambiental, xa que son actos que atentan e prexudican o propio territorio. m. c.

13 jul 2021 / 21:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.