Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Solicitan dotar á vila noiesa dunha oficina de estranxeiría

Noia. O alcalde de Noia, Santiago Freire, mantivo unha reunión con Roberto González, secretario xeral do Sindicato Unificado de Policía (SUP) e Abel Lobato, secretario provincial, na que coincidiron en que o Barbanza, en xeral, e Noia en particular, deben contar cunha oficina na vila na que os veciños da zona e da comarca poidan facer xestións para as que ata agora se teñen que desprazar a outras poboacións onde si hai unha comisaría de Policía.

Por iso, o rexedor solicitará para Noia ante o Ministerio do Interior unha Oficina de Estranxeiría e Documentación, que ten competencias en materia de expedición de documentación de residentes nacionais (DNI’s, pasaportes e actualización dos certificados do DNI) así como os relacionados con permisos de residencia e de estranxeiros.

Dado que as comisarías de Policía non cubren as necesidades existentes, creáronse ditas oficinas en diferentes poboacións que, por ser ubicacións estratéxicas ou cabeceiras de comarcas, xustifican a súa instalación.

O servizo de expedición do DNI está cuberto con visitas periódicas da unidade itinerante, pero non se fan trámites para pasaportes, documentos de estranxeiría e certificados dixitais do DNI. s. s.

12 ene 2023 / 16:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.