Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Solicitan plantar árbores na área na que arranca a senda fluvial de Artes

Reclama tamén o BNG a renovación de paneis e denuncia que nalgún hai impactos de bala

Ribeira. O BNG de Ribeira instou ó Concello a plantar árbores autóctonas na zona verde que hai na área de aparcamento e de lecer de Artes, onde se inicia a senda fluvial realizada cos fondos europeos dentro do proxecto Ribeira Atlántica, cun investimento de 595.000 euros e oito quilómetros de percorrido.

Asimesmo, pide que se renoven os deteriorados paneis informativos sobre os usos agrarios que había antigamente nesa zona, as características que presenta o bosque de ribeira e os usos e funcionamento dos muíños.

Tamén existen uns cantos letreiros que marcan as diferentes distancias do percorrido e que están esnaquizados por diferentes actos vandálicos (algún mesmo presenta impactos de bala, segundo a formación nacionalista).

O Bloque lembra que xa en 2015 lle propuxo ó goberno local plantar árbores autóctonas no merendeiro que hai no inicio do paseo, pero que “dado que a iniciativa non foi atendida, voltamos reiterala ante a demanda da veciñanza de dispoñer dun espazo á sombra no que poder estar nos días de sol e calor”, aseguran dende a formación. s. s.

01 abr 2021 / 15:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.