Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 19 septiembre 2021
13:04
h

Solicitan que Horta sexa nomeado Fillo Predilecto

Noia. O PSOE de Noia vén de rexistrar por escrito unha moción, para que se debata no pleno ordinario deste mes de xullo, a solicitude para nomear Fillo Predilecto da vila ao deportista olímpico local Caetano Horta Pombo.

Os socialistas consideran un feito histórico que un deportista noiés vaia participar nos Xogos Olímpicos que se celebrarán nas vindeiras semanas en Tokio, e queren mostrar todo o seu apoio e recoñecemento aos esforzos e sacrificios que supón competir a un nivel tan alto.

O PSOE agarda que a Corporación apoie esta medida e poder realizar o seu nomeamento nunha cerimonia. m. t.

16 jul 2021 / 19:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.