Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Solicitan que Pérez renda contas sobre a contaminación da ría noiesa

Plademar reclama que amose os documentos e estudos técnicos que manexa respecto diso

Noia. Desde a Plataforma para a Defensa da Ría de Muros-Noia (Plademar) amosaron o seu malestar a través dun comunicado polas palabras que pronunciou o concelleiro noiés, José Pérez, na última sesión plenaria respecto á contaminación da ría. Segundo sinalan no escrito, o edil asegurou “que é todo un invento”. Por todo, emprázano “para que nos amose e nos explique polo miúdo aos mariscadores e demais traballadores, eses estudos e traballos feitos polos técnicos aos que se referiu”, indican dende o mencionado colectivo.

Solicitan que lles argumente “como é posible que os vertidos de vinte e dous concellos que evacúan os residuos na bacía do Tambre, conforme aos datos dos organismos oficiais, non afectan á ría”, Así como “os niveis estratosféricos de metais pesados que saen das minas de San Fins, corroborado por Augas de Galicia”, puntualizan.

Ademais, pídenlle a Pérez que convoque a Mesa Municipal pola Calidade dos Recursos Naturais, “para que nos expoña publicamente a documentación que manexa sobre este asunto para que poidamos comprobar como as augas fecais de 14.000 persoas, a maioría sen depurar, non contaminan a ría”, conclúen dende Plademar. m.t.

06 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.