Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sorprenden en Boiro a un home que ía prender lume

Impútaselle tamén a autoría dun incendio forestal en Lousame

Lousame. Axentes da Policía Autonómica de Santiago de Compostela procederon á detención dun varón, como presunto autor de varios lumes nos concellos de Boiro e Lousame. O detido foi sorprendido in fraganti na noite do día 13 ao 14 de setembro, cando prendía lume utilizando un acendedor, nun monte da parroquia de Cadarnoxo, na localidade boirense.

Esta detención foi froito da colaboración cos axentes ambientais do distrito IV Barbanza, tratándose dunha operación conxunta establecida durante os derradeiros meses, instaurando un dispositivo de numerosas vixilancias realizadas tanto diurnas como nocturnas, ante a gran cantidade de lumes que se estaban a producir na comarca.

Ademais, ao detido impútaselle tamén a posible autoría dun incendio ocorrido o pasado 8 de setembro, na parroquia de Tállara, no C oncello de Lousame.

Polos feitos, o home foi posto a disposición do Xulgado de Garda de Ribeira. Lembrar que no que vai de ano a Policía Autonómica leva un total de 47 persoas detidas/investigadas como presuntas autoras de incendios forestais. m. t.

15 sep 2020 / 20:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito