Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 19 junio 2021
21:56
h

SOS de Misela ante a falta de apoios das administracións

Mentres medran as necesidades dos usuarios, as subvencións foron minoradas // Teñen problemas para manter as terapias

Queren continuar, pero moito colectivos ven como no medio dunha crise sanitaria e social os seus programas perigan ó verse diminuídos os recursos cos que contaban ata o de agora, xusto no momento no que máis os precisan. É o caso da asociación Misela de Noia, na que durante este ano nos servizos observan un incremento progresivo tanto de necesidades como de demandas de atención.

Así, segundo indicaron dende a citada entidade, no Equipo de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá, que atende a nenos e nenas con discapacidade ou risco de adquirila dende os cero ós dezaséis anos, no primeiro cuadrimestre do 2021 recibiu nove novas solicitudes, sumándose ás cicuenta e dúas que xa se viñan atendendo.

“En xeral, nos demais servizos que se prestan tamén se observa un aumento das necesidades existentes, xa que os efectos da pandemia fanse notar especialmente neste colectivo”, apuntan.

Ao longo deste ano, no que as persoas usuarias de Misela precisan de apoios máis intensos e medran novas carencias, a directiva da asociación ten dificultades para manter estes servizos tanto de fisioterapia, psicoloxía ou terapia ocupacional, “xa que as axudas das administracións públicas víronse reducidas de forma notable”.

Por un lado, os fondos que se obtiñan a través do 0,7 por cento do IRPF foron minorados en 10.000 euros, pasando de 50.000 euros en 2020 a 40.000. E nestes días recibiron a resolución da subvención da Deputación de A Coruña, pasando dunha achega de 20.000 euros a 12.000, para custos de persoal de fisioterapia e psicoloxía.

A pesar dos esforzos que se están levando a cabo dende a entidade para intentar manter os servizos que viña prestando, como por exemplo coa creación dun sistema de copago para as persoas usuarias dos servizos, venda de produtos, organización de eventos solidarios como a Andaina Virtual e outras iniciativas postas en marcha, o mantemento destas terapias durante o 2021 “faise complexa, precisamente no momento no que máis necesidades se presentan”, reiteran. Por iso lanzan un SOS para tratar de superar esta situación.

08 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.