Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Surfistas e usuarios de Amicos retiraron 197 quilos de lixo da praia da Ladeira

Ribeira. A asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos de Ribeira iniciou este martes as accións de recollida de basuras con empresas do sector recreativo e usuarios locais no marco da terceira fase do proxecto Re-Mar de custodia ambiental para a redución de residuos no espazo mariño protexido do Arco Atlántico Galego.

Na xornada, que contou ca colaboración de Grip Surf School, recolléronse un total de 197 quilos de lixo mariño na emblemática praia da Ladeira, en Corrubedo.

Ca axuda dunha ducia de voluntarios e voluntarias da citada escola de surf galega, as persoas con discapacidade recorreron a praia ribeirense na procura de plásticos, madeiras, cordas e produtos

contaminantes para o medio ambiente. Os usuarios e usuarias de Amicos que participaron na actividade amosaron a súa alegría de poder colaborar cos compañeiros de Grip Surf, pois xa non é a primeira vez que comparten espazo e tempo xuntos.

A escola de surf está ubicada precisamente xunto ó areal da Ladeira, e os seus monitores levan impartindo clases alí dende 2015, contando con máis de vinte anos de experiencia no sector.

Re-Mar é un proxecto impulsado pola asociación Amicos que conta ca colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP. Este proxecto é complementario ao LIFE IP Intermares. suso souto

22 feb 2022 / 17:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.