Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tanxil acolle este domingo un simulacro sobre rescate de mamíferos mariños

Rianxo. A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) organizou para este domingo 9 ás 11.00 horas na praia rianxeira de Tanxil unha actividade de formación e divulgación sobre a asistencia á fauna mariña ameazada (tartarugas e mamíferos mariños). O punto de encontro será o aparcamento do areal e, en caso de mal

tempo, a actividade desenvolverase na Aula Activa do Mar.

A iniciativa consiste en expoñer a presenza das especies obxectivo da asistencia a

varamentos, as diferencias básicas entre tartarugas (réptiles) e lobos mariños e cetáceos (mamíferos), así como o que podemos ou debemos facer para poder asistir en primeira instancia a un animal varado. Está aberta ó público en xeral, aínda que tamén está destinado a membros de Protección Civil, Policía Local e especialistas de Medio Ambiente, así como aos grupos de voluntariado de cobertura da Cemma. suso souto

08 oct 2022 / 13:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.