Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

The Rapants presenta ‘O avión’, o seu novo sinxelo

Muros. The Rapants presentan o vindeiro 22 de setembro o seu novo sinxelo O Avión, primeiro adianto do que será un novo LP da banda muradá, titulado O Corasón como un After. Este álbum, gravado nos Drum & Roll Studios de A Coruña por Iago Blanco, segue a liña de influencias dos oitenta vista no seu traballo anterior, Nic Bahía, aínda que cun carácter máis agresivo e moderno.

Segundo indicaron, este single sitúa o corazón como centro do universo e máximo responsable do amor, a festa e as confusións e infortunios ocasionados por ambas. Unha historia real, xa que os artistas deixáronse o corazón na confección deste álbum, ata o punto de que o propio Samuel será proximamente operado dun problema cardiovascular, historia reflectida na canción e recreada no videoclip de O Avión. Este completo traballo artístico foi desenvolvido polo loureán Anxo Beiro e o seu equipo.

A banda realizou máis de 20 concertos neste 2022 xirando polos principais festivais de Galicia (Revenidas, Festival da Luz, Festival das Carrilanas, Surfing Lérez, Festiletras, Osa do Mar...). Un claro síntoma da consolidación dun proxecto emerxente con identidade propia que pretende continuar con paso firme cara o seu asentamento profesional no sector.

E agora, este primeiro adianto en forma de single e videoclip, marcará o punto de partida dunha nova xira por salas e festivais de toda Galicia para este 2023. ecg

19 sep 2022 / 20:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.