Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tiveron axuda da Xunta case cento setenta hostaleiros do Barbanza

A través do primeiro plan de rescate xa se repartiron cerca de catrocentos mil euros

Ribeira. A Xunta de Galicia abonou 164 axudas ó sector da hostalería da comarca do Barbanza solicitadas no marco do plan de rescate por un total de 397.000 euros.

Así, en Boiro concedéronse 46 axudas por un total de 108.975 €; en Carnota 8 por 12.400 €; en Lousame 4 por 18.500 €; en Mazaricos 13 por 26.725 €; en Muros 11 por 25.200 €; en Noia 17 por 45.525 €; en Outes 7 por 12.800 €; na Pobra do Caramiñal 8 por 26.700 €; en Porto do Son 8 por 15.200 €; en Rianxo 16 por 39.600 €; e en Ribeira 26 por 65.600 €.

O Goberno galego xa está a traballar nun segundo plan de rescate cunha liña específica de apoio á hostalería, e propón ás deputacións e concellos que se sumen ás axudas da Xunta para crear un fondo de cooperación COVID consensuado co sector.

Irá destinado a autónomos, microempresas e hostalería e contará como mínimo con 50 millóns de euros; deste xeito, en 90 días a Xunta sumará 140 millóns de euros en axudas para estes sectores.

O investimento deste segundo plan sumarase aos 86,2 millóns de euros do primeiro, do que a maior parte xa está pagado. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, indicou que “nesta nova fase apelamos máis que nunca á implicación de todos. É o momento de actuar con altura de miras, máis aló de cores políticas ou debates estériles sobre competencias”. “Ese sacrificio virá acompañando de novos apoios directos ao sector e agardamos que sexa de forma coordinada”, engadiu. s. s.

23 ene 2021 / 14:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.