Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Traballadores da planta de lixo lousamiá claman polo seu abandono

Convocaron para este domingo unha marcha de protesta en coches de Portosín a O Son

Lousame. O comité da planta para tratamento e recollida de lixo da Mancomunidade do Barbanza convocou para este domingo unha manifestación (unha caravana de coches dende Portosín ata O Son, ás 11.00 horas) para protestar “pola desidia e o abandono” da entidade e para reclamar á Xunta a súa intervención respectando o modelo que ten na actualidade a instalación sita en Lousame.

Según representantes das centrais sindicais CIG, CCOO e UGT, a planta, xestionada por FCC, arrastra problemas derivados da xestión dos 6 concellos que forman a mancomunidade e dos 3 adheridos. “Non crearon unha estrutura, non contaban cunha persoa responsable para a súa xestión. Teñen unha presidencia rotatoria. Cada ano tocáballe a un alcalde, e cada rexedor utilizaba á secretaría do Concello ou a persoal propio do mesmo para facer fronte á xestión cotiá”, din.

“Ó non se facer cargo ninguén, sen previsión de gastos e sen xestionar o contrato como debían, comezaron a aparecer os problemas”, engadiron, entre os que citan “a gran débeda xerada, que a partir do sétimo ano derivou en problemas de pagamento”.

“Non quixeron actualizar as subas que lle tiñan que aplicar a FCC, entre elas as derivadas dos custos laborais. Foron a xuízo e evidentemente perderon”, sinalaron.

Según as tres centrais sindicais, non se renovou a flota de camións; a volteadora do compost leva estragada cinco anos; e o vertedoiro ten 25.000 toneladas máis das que debería ter. s. souto

26 ago 2021 / 15:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.