Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Trenor anima en Noia a solicitar axudas para dinamizar o comercio

Noia. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde, Santiago Freire, mantiveron un encontro cos representantes do Centro Comercial Aberto de Noia para animar aos representantes destas entidades e das federacións e asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal a solicitar a orde de axudas de 2,75 millóns que ten por obxectivo impulsar o comercio de proximidade galego, a través de dous programas de axudas.

O representante do Goberno galego incidiu durante a súa visita a Noia en que o prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o vindeiro 27 de xullo.

Trenor explicou que por primeira vez ponse en marcha unha liña en exclusiva para os centros comerciais abertos, o que permitirá que estes teñan arredor dun 20 % máis de orzamento ao seu dispor, en total 2,25 millóns. As asociacións de praceiros, que ata o de agora accedían á mesma convocatoria de apoios, contarán este ano cun programa específico.

Os CCAs contarán con axudas de ata 52.000 euros, en función do número de comercios asociados, apoiando así ás asociacións que atraen un maior número de negocios. Entre as actuacións subvencionables atópanse o mantemento de portais de marketplace e iniciativas de dinamización comercial e de fidelización da clientela, ademais do mantemento da unidade xerencial. m. c.

11 jul 2022 / 19:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.