Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Trenor visita en Rianxo o obradoiro de emprego sobre deseño de páxinas web

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o obradoiro de emprego Carnero Valenzuela II en Rianxo de confección e publicación de páxinas web, que conta cunha achega da Xunta da máis de 369.000 €. Trátase dun taller de emprego dirixido a menores de 30 anos.

O representante da Xunta na Coruña lembrou que na comarca de Barbanza estanse a celebrar catro obradoiros: dous ordinarios duais e dous dirixidos a menores de 30 anos. Concretamente, os ordinarios estanse a celebrar en Serra de Outes, compartido con Lousame e Noia; e en Porto do Son compartido con Ribeira; e os de Garantía Xuvenil nos concellos de Ribeira e Rianxo. A Xunta achega máis 1,4 millóns de euros para os gastos de organización, profesorado e axudas para os participantes.

Os curso de Serra de Outes forma a 20 alumnos en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, o de Porto de Son a outros 20 desempregados en Carpintería e Moble e en actividades auxiliares en conservación e mellora de mobles; o de garantía xuvenil en Ribeira forma a 15 alumnos en operacións básicas de cociña; e o de Rianxo a 16 desempregados en confección e publicación de páxinas web.

Trenor destacou que os obradoiros están dirixidos á realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a cualificación profesional dos desempregados e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación está sendo especialmente útil nestes difíciles momentos porque os alumnos ademais de recibir formación perciben un salario durante os meses que dura o obradoiro.

O representante do Goberno autonómico incidiu en que a formación que se imparte nos concellos está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna o que lles permite atopar con facilidade posibles empregados entre os alumnos. En relación con taller de Rianxo, centrado na creación de páxinas web, destacou que é un sector que neste momento ten moita demanda sobre todo enfocado á venta e comercialización online ante as novas necesidades xurdidas pola crise sanitaria. Por iso, animou aos alumnos a aproveitar ao máximo cada minuto de curso porque “de vós depende que ao rematar á formación sexa máis fácil atopar un emprego”, engadiu.

10 mar 2021 / 13:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.