Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 28 septiembre 2022
11:10
h

Tres espazos da Pobra do Caramiñal contan con compostaxe comunitaria

A POBRA. A Pobra do Caramiñal xa conta con tres puntos de compostaxe comunitaria situados na zona do Castelo (entre o edificio de usos náuticos e as pistas deportivas), do Caramiñal (a carón das pistas de Raquel Fernández Soler) e en Venecia (na contorna do paseo da Xunqueira). Trátanse de espazos que se elixiron por ser superficies de titularidade municipal, cun punto de auga, preto de núcleos densos de poboación e na proximidade de contedores destinados a outro tipo de residuos (vidro, papel, aceite...). Estes colectores están xestionados por persoal municipal para controlar o proceso da compostaxe e o correcto uso por parte da veciñanza. Segundo indicaron, as solicitudes de participación poden seguir presentándose no rexistro, tanto físico coma telemático, logo de cubrir o documento pertinente. Destacar que se ofrecerá formación. m. c.

18 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.