Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Trinta cativos de Lousame participaron no Leisure Activities in English

Lousame. Trinta nenos e nenas de Lousame, de 5 a 10 anos, participaron estes días no programa Leisure Activities in English, unha iniciativa posta en marcha polo Concello a través do seu programa de voluntariado europeo European Solidarity Corps.

Trátase dun programa de conciliación familiar en inglés que está sendo impartido polas voluntarias europeas Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas.

As clases tiveron lugar do 2 ao 5 de xaneiro, en horario de 10.30 a 13.30 horas, na casa da cultura. A iniciativa incluíu actividades de pintura, karaoke, música, xogos, cinema, teatro, creatividade e conversas, todas en inglés. Trátase da segunda edición deste programa, despois do éxito acadado polas propias Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas durante o pasado verán. A concelleira de Xuventude e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, e o técnico de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, sumáronse esta semana á iniciativa, na que as voluntarias turcas impartiron un obradoiro de papiroflexia. “É unha boa oportunidade para practicar inglés dunha forma lúdica á vez que o pasamos ben e facemos amigos”, dixo Afrafojo. s. s.

06 ene 2023 / 14:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.