Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Trinta empresas optan a dotar á rúa Romero Ortiz de plataforma única

A actuación levarase a cabo dende o cruce co Malecón ata máis alá da vía Cervantes

Ribeira. Un total de trinta empresas presentaron as súas ofertas ó concurso público convocado polo Concello de Ribeira para executar as obras de pavimentación da rúa Romero Ortiz.

A actuación persegue mellorar as condicións de accesibilidade da zona a través da creación dunha plataforma única na que vehículos e peóns circulen á mesma cota, pero con zonas diferenciadas, mellorando e ensanchando as áreas de tránsito peonil.

Con tal fin, substituirase o aglomerado da calzada por pavimento de formigón semipulido no que se intercalarán franxas transversais de lousas de granito. A delimitación entre o pavimento de formigón da calzada e a pedra das beirarrúas terá lugar mediante bordillos de granito.

A obra abrangue dende a confluencia desta rúa ca avenida do Malecón ata máis alá da rúa Cervantes. Recentemete instaláronse semáforos na vía Romero Ortiz para regular a circulación nos dous sentidos, dado o estreita que é a calzada nalgúns puntos.

A iniciativa ten un prezo de licitación de 164.161 euros e forma parte do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal. O prazo de execución é de cinco meses. s. souto

01 abr 2021 / 14:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.