Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 18 octubre 2021
02:00
h

Trinta nenos anotáronse ó Plan Madruga do campamento de Rianxo

RIANXO. Un total de 140 rapaces e rapazas participan no campamento de verán de Rianxo, que se realiza de maneira descentralizada no Pazo de Rianxiño, no CEP Brea Segade de Taragoña e no CEIP Ana Mª Diéguez de Asados. Durará ata o día 27 de agosto, de 10.30 a 13.30 horas, e conta cun servizo de Plan Madruga para fomentar a conciliación de familias traballadoras desde as 08.00 horas ao que asisten 30 cativos (a cifra inicial tivo que aumentarse para dar cabida a todas as solicitudes). Todas as familias que o desexaron puideron incorporarse ao campamento. As actividades que se desenvolven teñen a igualdade e o coidado e respecto do medio como piares básicos: xogos, obradoiros, deportes, xincanas e saídas a lugares de interese. Así, por exemplo, os cativos visitaron en Taragoña a Míchel, o burro fariñeiro da asociación Fousas ao Monte. s. souto

01 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.