Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Últimas horas para inscribirse na quinta andaina solidaria de Lousame a favor do colectivo Asgpoh

Lousame. Máis de 800 persoas de toda Galicia ateigarán os montes lousamiás nas mañás do sábado 18 e domingo 26 de decembro para participaren na V Andaina Solidaria a favor da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (Asgpoh) e no V Trail San Silvestre de Lousame Castelo de San Mamede, respectivamente. Uns eventos organizados polo Concello e o Club Lousame Deporte que foron presentados este luns pola concelleira de Mocidade, Silvia Agrafojo, e os técnicos de Deportes Néstor Romero e Germán Romero.

A día de hoxe a proba solidaria conta con 198 persoas inscritas, estando aberta a inscrición ata as 00.00 horas do 14 de decembro en www.emesports.es. Tamén hai dispoñible un Dorsal 0 para quen queira colaborar na recadación de fondos para a investigación desta enfermidade rara. Os participantes partirán ás 10.00 horas de San Lourenzo para percorrer 14 km nun trazado de baixa dificultade.

Nesa mesma xornada, media hora despois, está previsto o inicio da terceira edición do Pequetrail, cuxo prazo de inscrición tamén está aberto ata este martes. m. t.

13 dic 2021 / 20:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.