Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Últimos días para anotarse no Lousame Concilia

Lousame. O Concello de Lousame lembrou que o 30 de novembro remata o prazo de inscrición no Lousame Concilia, programa de conciliación familiar que se convoca conxuntamente para os tres próximos períodos de vacacións escolares do ano: Nadal, Entroido e Semana Santa.

Trátase dun servizo de canguraxe para nenos e nenas de 3 a 12 anos que ten lugar durante os días laborables dos períodos de vacacións escolares, en horario de 9.30 a 14.30 horas, nas instalacións do CPI Cernadas de Castro. O Concello lousamián convoca 20 prazas para os próximos tres períodos vacacionais.

Para anotarse, as familias só terán que cubrir e asinar o correspondente impreso de solicitude, unha declaración xurada de residencia efectiva e acreditable en Lousame e presentar a última nómina ou recibo de persoas autónomas para acreditar a situación laboral. Os interesados poden solicitar máis información na concellería de Igualdade (tf. 981 820 494). m. c.

28 nov 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.