Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un curso de autodefensa para mulleres en Noia

Noia. No marco da programación do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se conmemorou o pasado 25 de novembro, a concellería de Servizos Sociais de Noia, que dirixe Marisol Villar, impulsará dúas novas propostas proximamente.

Por unha banda, organizaron un curso de defensa persoal para mulleres, unha actividade que se levará a cabo os sábados 10 e 17 de decembro en horario de 10.00 a 14.00 horas na Casa da Agra. As mulleres interesadas deben inscribirse no Centro de Información á Muller (CIM), na rúa do Curro, ata o día antes ou completar aforo.

Por outro lado, en xaneiro celebraranse obradoiros de risoterapia para mulleres. Segundo informaron dende Servizos Sociais, serán seis e desenvolveranse un día á semana cunha hora de duración. Para asistir requírese inscrición previa no CIM.

Destacar que fai uns días Marisol Villar entregou os premios do II Concurso Insta-Foto Rachando co Medo e do sorteo das fotos subidas no photocall Rachando co Medo, dúas iniciativas organizadas polo CIM con motivo do 25 de novembro do 2022. m. c.

06 dic 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
25N
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.