Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 20 octubre 2021
00:00
h

Un lume calcina a primeira planta dunha vivenda en Boiro

Un incendio nunha vivenda na parroquia de Abanqueiro, en Boiro, calcinou un andar completo e fixo ceder o teito do domicilio.

O lume iniciouse arredor das 19.45 horas da tarde deste xoves, en concreto, nun inmoble do lugar de Graso. A esa hora, un particular avisaba ao 112 Galicia de que lle estaba a arder a casa e, ao mesmo tempo, outra persoa tamén se poñía en contacto co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para indicar que vía saír fume dunha vivenda no mesmo punto.

Así, de xeito inmediato, os operadores do 112 Galicia deron aviso aos Bombeiros de Boiro, ao Servizo Municipal de Protección Civil, á Garda Civil, á Policía Local e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061. A maiores, tamén foron informados os Bombeiros de Ribeira, por se fose necesaria a súa intervención.

Como consecuencia das chamas calcinouse o primeiro piso do inmoble, de dous andares, e o teito. A vivenda estaba habitada pero, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

09 jul 2021 / 12:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.