Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Están rematando a súa formación en aproveitamentos forestais // Villaverde e Trenor supervisaron onte o avance dos traballos nas parcelas seleccionadas // En total, na comarca do Barbanza estanse facendo cinco obradoiros TEXTO M. Torres

Un taller permite formar a 20 desempregados en Lousame

Un total de 20 alumnos e alumnas afrontan a etapa final da súa formación no ámbito de aproveitamentos forestais no marco do obradoiro de emprego Lousame-Noia 2019, no que o Executivo galego inviste máis de 480.000 euros. Durante o obradoiro realizaron actuacións en parcelas da Silva, Aldeagrande, Bouciñas, Brandía, San Lourenzo e Vilacoba (en Lousame), así como no Monte do Bolo, na contorna do local social de Barro, na área recreativa da Barquiña e nas municipais en Bergondo e San Paio (en Noia).

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a alcaldesa lousamiá, Teresa Villaverde, visitaron onte este taller. Alí, o representante do Executivo autonómico destacou que estes obradoiros “son moi demandados porque son beneficiosos para o municipio onde se fan, polo traballo que se realiza, e porque permite tamén que esas persoas poidan ter acceso a unha formación moi concreta, práctica e que lles facilita moito a súa inserción no mercado laboral”. Así mesmo, lembrou que o curso tiña que ter rematado en xullo pero, “debido á pandemia a Xunta de Galicia fixo un esforzo moi importante para prorrogalo e sufragar os costes a maiores que viñan asociados a esa formación”.

Concretamente, na comarca do Barbanza estanse levando a cabo un total de cinco talleres, tres deles de carácter dual, onde participan persoas de calquera idade, e dous de garantía xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Emprego e Igualdade está investindo en políticas activas de emprego na zona máis de 1.500.000 euros. Os duais teñen lugar en Lousame, compartido con Noia, en Rianxo e en Ribeira; pola súa banda, os de garantía xuvenil estanse impartindo en Muros, compartido con Carnota, e no concello de Boiro.

Estes obradoiros están permitindo que un total de 82 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Ademais, os participantes reciben un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

A principal novidade é que o alumnado da modalidade dual pode combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro. O obxectivo é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente os do rural.

Ao respecto, Villaverde dixo que “nestes momentos xa temos a catro alumnos que teñen un contrato de traballo comprometido por parte de empresas da comarca” e que “agardamos que esta formación aumente a autoestima do alumnado e lles favoreza a súa empregabilidade”.

Os talleres céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Asemade, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

a protagonista
PROTECCIÓN PARA O SOBREIRAL
Teresa Villaverde
Alcaldesa de Lousame

Teresa Villaverde fixo fincapé nos traballos que se están a realizar estes días no monte de San Lourenzo, onde o Concello de Lousame ten en marcha un proxecto de repoboación forestal e posta en valor. Unha actuación que comezou coa cesión do uso do terreo por parte da comunidade de montes veciñais en man común de Abeixón e Carantoña, onde se están a erradicar especies invasoras como o eucalipto, que se están a substituír por máis de catro hectáreas de árbores autóctonas. “O que estamos facendo é poñer en valor este lugar”, recoñeceu a rexedora, que aproveitou para pedir a colaboración do delegado na Xunta “na protección dun sobreiral que é un lugar moi especial, tanto que penso que en Galicia non deben chegar nin a catro que teñan este número e destas dimensións”. Neste sentido, a alcaldesa indicou que “algunhas teñen máis de douscentos anos”.

{ blanco o negro }
Fórmula perfecta
Marta Torres

AHORA MÁS QUE NUNCA es necesario ofrecer una formación continua que garantice un acceso más favorable al mercado laboral, ya que a mayor formación, más posibilidades existen de competir. Los impactos del coronavirus en el empleo, hacen que estas acciones formativas se conviertan en una gran oportunidad para cientos de personas. Quizás ante el aumento de la cifra de parados, resultará clave ampliar plazas y fondos para tal fin, pues son los puentes que muchos jóvenes y parados de larga duración necesitan para poder conseguir un trabajo. Unos talleres que les permiten especializarse, realizar prácticas y, posteriormente, poder encontrar un empleo. Una fórmula no sólo perfecta, sino necesaria actualmente.

20 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.