Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 30 junio 2022
02:00
h

UNED Sénior e O Son do Pote ofrecerán seis concertos en Lousame

LOUSAME. A Aula de Lousame da UNED Sénior e o grupo O Son do Pote, dirixidos por Fernando e Mariña Docampo, organizan seis concertos gratuítos de música tradicional polas parroquias lousamiás durante os meses de maio e xuño. Unhas actuacións que arrincarán este domingo 15 de maio, ás 17.00 horas, na praza Teodomiro Hidalgo de Portobravo e dentro da XX Festa do Galego, que organiza o Concello de Lousame. Terán lugar todos os martes, ás 19.00 horas, nas distintas parroquias de Lousame. Tras a actuación deste domingo, as seguintes citas terán lugar no centro da aldea da Fonte (Lesende), o martes 24 de maio, e no bar Vila da Cova (Vilacova). En xuño haberá outras tres actuacións: o 7 de xuño no centro da aldea de Fruíme; o 14 no centro da aldea de San Xusto de Toxosoutos, e o 29, no atrio da Igrexa de Tállara. m. C.

09 may 2022 / 20:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.