Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Unha brigada limpará toda
a época estival os areais de Carnota

A Deputación coruñesa financia a contratación de 14 persoas no marco do programa MA100

Carnota. A Deputación da Coruña financia a totalidade da limpeza das praias de Carnota durante todos os meses de verán. O investimento está enmarcado no programa MA100, dirixido aos concellos da provincia e que contribúe á conservación ambiental e a mellorar a imaxe das praias.

Asimesmo, impulsa a creación de centos de empregos durante a época estival. No caso de Carnota, unha brigada composta por 14 persoas encargarase da limpeza dos areais deste municipio.

O Concello vén de finalizar o proceso de contratación temporal do persoal que se ocupará de ditos traballos. Distribuiranse en tres grupos e a actuación contempla a limpeza manual de todos e cada un dos areais, así como as áreas lindeiras a estes, a fin de manter en óptimas condicións de uso a zona de costa e preservar o valor natural e ecolóxico dos espazos e areais que conforman a fachada litoral do concello de Carnota.

A área de Medio Ambiente e Emprego da institución provincial destina este ano 900.000 euros para apoiar aos concellos coruñeses no sostemento de gastos de contratación do persoal que se encarga da limpeza dos areais coruñeses durante o período estival, así como a adquisición do material necesario ou o vestiario dos traballadores contratados para tal fin.

A Deputación, que preside Valentín González Formoso, lembra que A Coruña é a provincia española que conta con máis quilómetros de costa e que as súas praias son precisamente un dos principais atractivos turísticos. s. s.

03 ago 2022 / 14:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.