Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha queima sen prevención propiciou un incendio no lugar de Cando

Axentes da Policía Autonómica e persoal forestal de Barbanza esclareceron o ocorrido

Outes. A Policía Autonómica, en colaboración con axentes medioambientais, veñen de esclarecer dous incendios que tiveron lugar o pasado 16 de abril nos concellos de Outes e Santiago de Compostela.

Axentes da xefatura de Santiago de Compostela, en colaboración co persoal do Distrito do Distrito IV Barbanza, esclareceron un incendio ocorrido na parroquia outense de Cando, afectando a 0,45 hectáreas de superficie rasa. Segundo indicaron onte dende o Goberno galego, dito lume foi debido a un escape de queima, que a presunta autora realizaba sen adoptar as debidas medidas de precaución. Na súa extinción participaron un axente, unha brigada e unha motobomba. As dilixencias remitíronse ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Muros.

Os mesmos axentes, xunto co persoal do Distrito Forestal III- Santiago Meseta Interior, tamén esclareceron un incendio que tivo lugar nesa mesma xornada na parroquia compostelana de Santa Cristina de Fecha, no que arderon unhas 0,56 hectáreas de superficie rasa. O lume orixinouse cando o investigado estaba a realizar tarefas de limpeza cun tractor, sinalaron dende a Xunta. Na súa extinción participaron dous axentes, un helicóptero, dúas motobombas e o GES de Brión. Do actuado, remitiuse atestado ao Xulgado de Instrución de Garda de Santiago.

Na actual campaña, un total de catorce persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais na comunidade galega. m. t.

03 may 2021 / 18:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.