Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vázquez Lijó falou sobre a evolución da industria da sardiña na Pobra

A POBRA. O Teatro Elma acolleu esta fin de semana a cuarta edición das xornadas de divulgación sobre a historia e cultura pobrense, tituladas A Pobra do Caramiñal no tempo, que incluíron catro conferencias e unha visita guiada ó barrio dos Areos e ó almacén de salga dos Villoch, en Cabío. Esperanza Mariño Dávila falou da singular vida e obra do pobrense A. Paz Míguez, quen nas súas obras narra parte da súa infancia no municipio. Miguel Vidal disertou sobre os modelos de ocupación do territorio na época castrexa. José Manuel Vázquez Lijó analizou como o emblemático barrio dos Areos se foi constituíndo a través da industria da sardiña. E Aurora Marco López deu conta da complicada situación que vivían os artistas plásticos, especialmente se eran mulleres, a finais do século XIX, centrándose sobre todo en María Dios Rivademar. S. S.

27 sep 2021 / 14:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.