Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Verán Activo para desfrute dos rapaces de Lousame

LOUSAME. O Concello de Lousame abriu este xoves 17 de xuño, e ata o vindeiro día 25, o prazo de preinscrición no campamento cultural Verán Activo 2021. A alcaldesa lousamiá, Teresa Villaverde, e a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, foron as encargadas de presentar o programa, que terá lugar entre o 12 e o 23 de xullo no polideportivo Pilar Barreiro en horario de mañá, de 09.30 a 13.30 horas. Trátase dunha iniciativa lúdica e cultural que se dirixe a nenos e nenas de 6 a 14 anos de idade e na que se realizarán actividades cos recursos e paisaxes naturais do municipio. As familias empadroadas no Concello de Lousame terán prioridade para facer a inscrición no Verán Activo e os prezos son os mesmos do ano pasado, é dicir, 45 euros. A admisión das crianzas para participar neste campamento farase tendo en conta a orde de entrada das solicitudes a través de BandoTicket.com. Por outra banda, Villaverde presentou a dúas persoas voluntarias procedentes de Turquía, Ebru Karaca e Dilara Güven, que chegaron a Lousame no mes de maio para participar no proxecto europeo Actividades interxeracionais de voluntariado. Este desenvolverase ata o 17 de decembro e inclúe actividades formativas, colaboración cos equipos da oficina de voluntariado e de xuventude e participación en iniciativas de cultura, deportes e de servizos sociais. m. t.

18 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.