Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Volve o San Bartolomeu a Noia con Nacha Pop, Luar na Lubre e Gisela

NOIA. O edil de Cultura de Noia, José Pérez, presentou a programación das emblemáticas festas de San Bartolomeu, que terán lugar do 23 ó 28 deste mes. Os pregoeiros serán Juan Carlos Oviedo e Emilio Insua, representantes de Cáritas e Cruz Vermella de Noia, respectivamente. A primeira verbena, a do día 23, estará amenizada pola orquestra París de Noia. Na Praza do Tapal actuarán esa noite as formacións Baiuca e Boyanka Kostova. Polo que respecta á xornada do mércores 24 (festivo local) a mítica banda dos oitenta Nacha Pop ofrecerá un concerto na Praza do Tapal, mentres que na alameda haberá verbena cas orquestras Grupo Claxon e New York. O xoves 25 será o turno da música tradicional, que chegará da man de Luar na Lubre ás dez e media da noite, tamén no Tapal. Na alameda será a orquestra La Ocaband a que amenice a festa. O venres 26 actuarán o grupo Marlon e a orquestra Olympus. O sábado 27 terán lugar os concertos da exconcursante de Operación Triunfo Gisela, de Ana Guerra (finalista do mesmo concurso televisivo) e do artista Dasoul, que ten xa catro números un na lista de Los 40 Principales. E o domingo 28 haberá Festa da Empanada, concerto de Sés, verbena con Fania Blanco Show e sesión de fogos de artificio. S. S.

13 ago 2022 / 15:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.