Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Volveranse a congregar os maiores no xantar de confraternidade da Pobra

A pobra. A Pobra do Caramiñal recupera tras a paréntese ocasionada pola pandemia a celebración destinada en exclusiva para as persoas maiores de 60 anos. O Concello organiza un ano máis o Xantar de Confraternidade, que agarda reunir un máximo de 850 comensais, segundo anunciaron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos. Trátase dunha cita para estreitar lazos que terá lugar o 2 de decembro, ás 14.30 h, no polideportivo municipal de Venecia. O prazo de inscrición abrangue do día 14 ao 29 deste mes e o trámite débese formalizar no primeiro andar da casa consistorial, en horario de 09.30 a 14.00. O prezo da entrada é de 15 € por persoa, que se deberán aboar preferiblemente mediante tarxeta. O menú constará de dous mariscos, peixe, carne, sobremesa, café e bebidas variadas. m. c.

09 nov 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.