Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xa poden pedir as familias renovar a praza no Punto de Atención á Infancia outense

outes. O Concello de Outes publicou no Boletín Oficial da Provincia do venres 25 de febreiro de 2022 o procedemento de renovación, novo ingreso, admisión e matrícula de persoas usuarias do Punto de Atención á Infancia para o curso 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes de renovación de praza será entre o 4 e o 11 de marzo, mentres que o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será do 21 de marzo ó 13 de abril.

Ditas solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica do Concello (outes.sedeelectronica.gal), ou de xeito presencial, solicitando cita previa coa educadora familiar chamando aos teléfonos 637 063 653 ou 981 850 003. Pode descargarse o impreso de solicitude de praza no apartado do PAI na web municipal. Os interesados poden obter información no Punto de Atención á Infancia ou no Concello. m. c.

28 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.