Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 25 enero 2022
23:48
h

Xeran polémica as obras de adecuación do sendeiro do río Traba no Concello de Noia

Noia. A adecuación do sendeiro do río Traba que leva á aldea abandonada de Xei está xerando polémica. Grupos da oposición en Noia, como o BNG, mostraron o seu descontento co proxecto.

Os nacionalistas consideran que esta intervención “supuña un investimento de futuro e totalmente xustificado para valorizar unha senda de extremado valor patrimonial” pero, unha vez iniciados os traballos, cren que o resultado da mencionada actuación“non xera máis que estupefacción para o visitante”.

Ao respecto, dende a formación frentista afirman que “o avance actual da intervención non denota máis que unha clara falta de sensibilidade por parte do goberno local”, e que o vieiro que leva ata o lugar de Xei, lonxe de mellorar, “converteuse, en gran parte do seu trazado, nunha suma de saburras mal dispostas e que non son nin tan sequera homoxéneas”.

En canto ao material, din que “debe aplicarse do xeito máis sensible para diminuír o seu impacto estético e ecolóxico” e critican o “emprego de diversas calidades, tonalidades e compactados”.

Por último, os nacionalistas lamentan que unha acción de valorización se converta “nun incomprensible e estrafalario erro que non merece esta contorna”. m. c.

18 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.