Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xogos de auga e talleres no Lousame Concilia

LOUSAME. O Concello de Lousame vén de iniciar as actividades do seu programa de verán para a conciliación da vida familiar e laboral, integrado no programa Lousame Concilia. Nestas primeiras xornadas de xullo, nas que foron visitados pola concelleira de Ensino e Cultura, Silvia Agrafojo, as iniciativas centráronse en xogos de auga e na celebración de diversos obradoiros. Os quince nenos e nenas, de entre 3 e 12 anos de idade, que participan neste programa, están divididos en dous grupos de idade, para así garantir un maior control dos grupos

e facilitar a aplicación dos protocolos anti-COVID, tal e como se aplicaron con éxito durante a pasada temporada. Iso non impide a celebración de distintas actividades, tanto físicas como de salón. Ata o de agora cos xogos de auga loitaron contra a calor dos últimos días. Tamén organizaron obradoiros de psicomotricidade e de manualidades e mesmo talleres de repostaría, onde elaboraron cadanseu croissant. m. t.

13 jul 2021 / 21:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.