Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xulgan a unha muller acusada de estafar 151.154 € a unha comunidade de montes de Boiro

Boiro. A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña acollerá os días 29 e 30 de xuño e 1 de xullo o xuízo a unha muller (extraballadora social do Concello de Boiro) acusada dos presuntos delitos continuados de falsedade en documento mercantil e estafa ou apropiación indebida, para quen a Fiscalía pide unha condena de cinco anos de cárcere e o pago dunha indemnización de 151.154 euros á comunidade de montes de Montaña, Montañó-Piñeiro e Escobias (da que o pai da encausada foi tesoureiro).

Segundo o Ministerio Público, desde o ano 2005 os comuneiros aceptaron que a acusada asistise ás asembleas e confeccionase as actas “en substitución do secretario da comunidade”, como tamén o presidente e o tesoureiro, cos que tiña un afastado parentesco, delegaron nela a xestión económica.

Segundo a Fiscalía, a acusada cobrou no seu propio beneficio, entre 2005 e 2014, 151.154 €, realizando retiradas na conta bancaria da comunidade. En total fixo máis de 200 retiradas, e nos documentos bancarios de reintegro estampaba a súa firma e anexaba unha autorización na que imitaba a firma das persoas autorizadas na conta, poñendo sobre estas firmas o selo da comunidade. s. s.

23 jun 2022 / 18:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.