Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 09 diciembre 2022
02:15
h

A Andaina Ruta das Estrelas xuntou a 430 participantes

Malpica. Sobre 430 persoas, entre elas veciños de Malpica e visitantes de outros concellos de Galicia, así como numerosos turistas de España, tomaron a Praza Villar Amigo de Malpica o venres para dar comezo á I Andaina da Ruta das Estrelas. O alcalde, Eduardo Parga, deu comezo á ruta ás oito e media da tarde. Durante a andaina, que coa ida e a volta sumaba 10 quilómetros, a luz ía minguando e a néboa apoderouse da paisaxe, feito que non impediu que os camiñantes, ó chegar ó cabo de San Hadrián, non quixesen asistir á charla sobre astronomía que durou uns corenta minutos.

Dende a concellería que dirixe o tenente de alcalde de Malpica, Alfredo Cañizo, xa se está preparando a segunda Andaina das Estrelas “para seguir desenvolvendo o proxecto que ten o Concello coa denominación de Malpica do mar ás estrelas”, sinalou.

O Concello de Malpica foi pioneiro en apostar por ser destino Starlight aprobando a adhesión en pleno municipal hai xa algo máis dun ano.

Esta andaina tiña tamén un carácter solidario e a presidenta da Asociación contra o Cancro de Malpica, Carmen Teresa Blanco, mostrouse satisfeita coa recadación solidaria acadada polos organizadores da actividade. c. m.

16 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.