Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Campaña da Vela chega a Ponteceso con 32 alumnos

Ponteceso. A deputada provincial de Deportes, Cristina Capelán, e o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, deron a benvida no porto de Corme aos participantes da cuarta quenda da Campaña de Vela 2022 da Deputación, a máis numerosa ata o de agora en canto a inscricións, con 32 anotados, 16 na quenda de mañá e outros 16 na de tarde. Esta iniciativa, na que participan preto de 200 nenos e nenas de distintos municipios costeiros da provincia ao longo de xullo e agosto, inclúe a iniciación nos conceptos teóricos de náutica e coñecementos básicos de nodos mariños con prácticas de navegación a vela. Ponteceso acolle, ata o 12 de agosto, a cuarta quenda dos cursos e durante esta semana un total de 32 escolares de 9 a 17 anos dos municipios da comarca de Bergantiños aprenderán a navegar en embarcacións a vela. Despois de Ponteceso a Campaña da Vela chegará a Dumbría (do 15 ao 19) e Rianxo, a última quenda, do 22 ao 26 de agosto. m. b.

10 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.