Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A carballeira larachesa de San Fins de Montemaior xa é propiedade municipal

Completouse o procedemento de expropiación por parte do Concello da Laracha // O espazo acolle vexetación e árbores autóctonas, nalgúns casos centenarias

O Concello da Laracha vén de completar o procedemento de expropiación das fincas que albergan a carballeira de San Fins, polo que un dos paraxes naturais mellor conservados xa é titularidade municipal.

O alcalde, José Manuel López Varela, e os edís Jesús Souto e Pablo Cambón, visitaron o espazo adquirido, que está situado na parroquia de Montemaior. O Concello investiu 72.620,81 euros con fondos propios municipais na compra de 21.716 metros cadrados de superficie repartidos en doce parcelas catastrais cualificadas no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como solo rústico de protección natural polo sistema de espazos libres. O ámbito destaca pola presenza de vexetación e árbores autóctonas –nalgúns casos centenarias- como carballos, castiñeiros e acevos, entre outras especies.

Desde o Concello promoveranse agora diversas iniciativas para recuperar, consolidar e poñer en valor econatural este espazo de alto valor medioambiental para aproveitar o seu potencial, especialmente nos aspectos didáctico e educativo. Os primeiros plans de actuación centraranse na mellora dos accesos á carballeira e na elaboración dun inventario con todas as especies existentes no que se reflicta o seu estado de conservación e as accións a desenvolver para protexer o ámbito en xeral e os exemplares de maior singularidade en particular.

A adquisición da carballeira de San Fins “é un exemplo máis do compromiso do goberno municipal da Laracha coa recuperación e posta en valor do patrimonio municipal, tanto o medioambiental –como é o caso- como o arqueolóxico, histórico e artístico –como as recentes compras dos terreos nos que se sitúan o Castro de Montes Claros e o menhir de Erboedo-”, afirman dende o Concello.

27 nov 2021 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.