Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 20 septiembre 2021
00:46
h

A comedia Arroutadas pecha a Primavera Teatral de Paiosaco

A obra poderá verse mañá no centro sociocultural // O sábado, na Casa da Cultura da Laracha representarase Ris Ras, un espectáculo incluído no programa do Mes do Libro

A Laracha. O ciclo Primavera Teatral de Paiosaco finaliza mañá coa comedia Arroutadas. Do mesmo xeito que nas dúas anteriores sesións, terá lugar no auditorio do centro sociocultural a partir das 20:00 horas.

A obra vai dirixida a maiores de dezaseis anos de idade e divídese en tres pezas humorísticas a cargo de Mario Rodríguez, Uxía Algarra e Lydia Prada.

A entrada é gratuíta ata completar a capacidade máxima da sala.

O cambio no cartel –no que inicialmente estaba programada a obra Mostellaria- está motivado pola imposibilidade de acudir dun actor principal por motivos persoais.

Espectáculo Ris Ras, este sábado. O espectáculo infantil Ris Ras, de Baobab Teatro chega este sábado á Laracha como parte do programa do Mes do Libro. A peza, dirixida a nenos de entre un e oito anos de idade, fai viaxar ao público a través da música, os xogos, os enredos e as historias tradicionais.

O espectáculo dará comezo ás 18:00 horas na Casa da Cultura. Poderase entrar de xeito gratuíto e só se permitirá o acompañamento de adultos no caso de que non se complete coa rapazada a capacidade máxima da sala. En todo caso, o persoal municipal encargarase do seu coidado.

22 abr 2021 / 10:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.