Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A confraría de Malpica pon en valor a saboga e a zamborca

Malpica. A confraría de pescadores de Malpica prepara, co apoio da concellaría de Cultura, unha xornada divulgativa sobre a zamborca e a saboga, dúas especies coñecidas tecnicamente como Alosa alosa e Alosa fallax.

Será o venres, día 19 a partir das 17.00 horas, na sala de xuntas da confraría. Na charla darase a coñecer o proxecto Mar de Alosas, desenvolvido pola Universidade de Santiago, en colaboración co pósito malpicán, para afondar no coñecemento do medio mariño. O doutor Fernando Cobo e o director David J. Nachón, ambos da USC, serán os poñentes nesta xornada.

“Sempre loitamos por visibilizar a importante función social, educativa, histórica e científica que desenvolvemos e, que na maioría das ocasións, non sae a relucir se non é con xornadas coma esta”, trasladan a este xornal dende a confraría malpicá.

O referido estudo está financiado polo Goberno de España, a Fundación Biodiversidad, a Unión Europea e a propia Universidade de Santiago de Compostela.

Dende a confraría veñen apostando pola diversificación e a posta en valor de novos recursos, como un complemento a outras especies limitadas actualmente por cuotas de capturas. M. L.

16 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Mar
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.